Os socialistas de Quiroga doan 1.000 euros para o tecido asociativo

O PSOE de Quiroga anuncia que van a seguir colaborando economicamente coas asociacións da vila, “co fin de que poidamos aportar o noso pequeno grao de area a mellorar as actividades culturais e as dotacións públicas de Quiroga, así como comprar material como máscaras para os autónomos”.

Rúa Real Quiroga / RTMQ Quiroga

Doarán 200 euros para a Asociación de veciños de Margaride para contribuír a impulsar unha festa gastronómica moi concorrida na vila, como é a festa dos chourizos. Ademais achegaron outros 500 euros para mercar máscaras para tódolos autónomos de Quiroga. E por último outra axuda económica de 300 euros para á Asociación sen ánimo de lucro Quiroga en Marcha, co fin de que poidan pintar un novo mural de arte na rúa.

Vicente Parra lembrou que a “Agrupación Socialista comezou con esta folla de ruta de doazón das dietas pola asistencia ao plenos fai 2 anos, “e esa vai seguir sendo o noso camiño, contribuír coas nosas pequenas aportacións económicas para apoiar aos colectivos e as asociacións que traballan por Quiroga, tanto culturalmente como aos sectores produtivos do pobo, como son o noso pequeno comercio”, resumiu. O BNG de Quiroga tamén informaba nestes días de doazóns a acociacións culturais.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here