InicioPolíticaOs mestres do conservatorio de Monforte trasladan ao PP no Parlamento a...

Os mestres do conservatorio de Monforte trasladan ao PP no Parlamento a súa situación

Os mestres do conservatorio de Monforte de Lemos, acompañados da voceira do PP monfortino, Katy Varela, mantiveron a primeira hora desta mañá unha reunión de traballo cos deputados do Grupo Parlamentario do PP, na que lles trasladaron aos integrantes desta formación a tensión que están a vivir.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo sinalan desde o PP, os mestres do coservatorio deron conta da situación que padecen a consecuencia das decisións do alcalde, José Tomé, e que incluen, entre outras medidas, a apertura de varios expedientes por empregar medios propios nas súas clases. 

A deputada, Elena Candia, recibiu aos docentes co fin de escoitalos e de buscar solucións que palíen a situación de indefensión na que se atopan. “Lamento profundamente a situación. Nun caso coma este considero que se debe de apostar polo diálogo e non pola imposición”, manifesta a popular.

Os conservatorios en Galicia son de titularidade municipal, como remarcou Candia, pero réxense pola normativa de Educación. Neste senso, Candia comprometeuse a trasladar aos órganos competentes a situación particular de Monforte para que se valore se existe algunha vía de colaboración que poida mellorar o desenvolvemento e funcionamento deste e do resto de centros de formación musical.

Pola súa banda, Katy Varela explicou que xa presentaron o escrito que acordaron cos sindicatos e o resto de grupos da oposición para que Tomé suspenda os expedientes sancionadores e que abra unha mesa de diálogo para elaborar un regulamento común e que se axuste ao que reclaman os docentes. Os populares agardan que o socialista convoque a todas as partes canto antes para procurar unha normativa que regule o funcionamento do centro e abandone “dunha vez por todas a política de enfrontamento”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...