InicioPolíticaKaty Varela: “Tomé é o alcalde máis antidemocrático que tivo Monforte”

Katy Varela: “Tomé é o alcalde máis antidemocrático que tivo Monforte”

A voceira do PP maniféstase crítica co rexedor logo de que se negase a mellorar o sistema de recollida do lixo, a limpeza dos regatos e a ampliar a contratación de máis persoal para prestar unha atención axeitada aos usuarios con necesidades especiais dos campamentos de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular amósase moi crítica coa forma que ten de entender o alcalde socialista o seu cargo, pois este negouse na sesión plenaria a mellorar o sistema de recollida do lixo, a limpeza dos regatos e a contratar máis persoal para atender aos usuarios con necesidades especiais dos campamentos de verán. “O alcalde exhibíu, unha vez máis, a súa prepotencia no pleno deste mes e a súa falta de talante político”, asegura Katy Varela, “Tomé é o rexedor máis antidemocrático que tivo Monforte”.

Ademais de non dar explicacións sobre a subvención concedida á empresa adxudicataria da xestión do Centro do Viño,  Albergue Santiago 15 S.L, incluída na liña de axudas convocada pola entidade local para favorecer a reactivación económica, tamén declinou pronunciarse sobre o rogo no que os populares pedían ao equipo de goberno que mellorase o sistema de recollida de lixo e a dar máis facilidades aos veciños para o seu depósito.

O Grupo Municipal Popular fixo esta petición unha vez constatadas as queixas dos veciños. Consideran que a recollida a través do cubeo debería de resultar máis hixiénica, “xa que só así se evitaría que as bolsas permanecesen na rúa a horas indebidas e, sobre todo, durante o tempo no que as altas temperaturas son máis elevadas.”

O equipo de goberno tamén votou en contra de iniciar os trámites correspondentes para sanear as regueiras, fundamentalmente as coñecidas como Malloadas, río Seco e Zapardiel. Os populares monfortinos xa se dirixiran en distintas ocasións ao alcalde socialista por este motivo. A finais de 2020 pediran tamén a roza e saneamento das mesmas pero, tanto nesa data, coma no pleno deste mes, o PP obtivo os votos en contra dos dirixentes locais.

Tomé Roca e o seu equipo de goberno tamén se opuxeron a ampliar o prazo de solicitude e a contratación de persoal para prestar unha atención axeitada aos nenos e nenas con necesidades especiais que participan nos campamentos de verán. 

A portavoz popular remitira o pasado día 20 un escrito ao alcalde no que lamentaba a escaseza de prazas para nenos e nenas con necesidades especiais. E é que as familias afectadas non entenden por que esta limitación de prazas nun ano no que hai máis recursos económicos e no que dende o goberno local presume de incrementar as prazas ofertadas. Varela lamenta “o non polo non dos socialistas”, engadindo que “non se pode presumir de inclusión e na práctica limitar a participación de nenos e nenas neste tipo de actividades”, concluíu.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...