InicioPolíticaCastiñeira: "A Deputación non pode presumir de promoción do turismo coas estradas...

Castiñeira: “A Deputación non pode presumir de promoción do turismo coas estradas provinciais como as ten”

Os populares destacan que na comarca “hai moitas casas de turismo rural, aloxamentos, adegas, etcétera, cuxos representantes nos din que non podemos presumir de promover o turismo, que non serve de nada traballar para atraer visitantes tendo as estradas provinciais neste estado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP ten denunciado reiteradamente o estado no que se atopan moitas das estradas que dependen da Deputación de Lugo. Pero hai zonas da provincia nas que, a estas alturas do ano, aseguran desde o PP que o problema adquire unha dimensión moito maior por ser puntos de interese turístico. Como sinala o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, “esta vez dende Sober, en plena Ribeira Sacra, o grupo provincial do PP pide á delegada de Turismo da Deputación, Pilar García, que dea un tirón de orellas  ao delegado de  Vías e Obras, o señor Tomé; dicimos isto porque  estamos iniciando a tempada de turismo e a Deputación de Lugo non pode presumir de promoción do turismo tendo as estradas provinciais como as ten”.

Como exemplo do que afirma, Castiñeira cita “a estrada LU-P 5904, que vai de Sober a Vilachá, pasando por Gundivós,  que é localidade famosa pola súa cerámica;  esta vía está impracticable; a LU-P 5905, de Canaval a Sober, con fochancas grandísimas, igual que a LU-P 5902, de Canaval a Arxemil”.

O portavoz popular sinala: “Este é un problema moi serio para os veciños, que o sofren todos os días, que o sufriron todo o inverno; agora, no verán, igual, co agravante de que o turismo, que é fundamental para o noso rural, e máis na Ribeira Sacra,  ten que desprazarse por estradas infames. Nesta comarca hai moitas casas de turismo rural, aloxamentos, adegas, etcétera, cuxos representantes nos din que non podemos presumir de promover o turismo, que non serve de nada traballar para atraer visitantes tendo as estradas provinciais neste estado”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....