InicioPolíticaOs socialistas de Taboada demandan solucións á falta de salubridade da auga

Os socialistas de Taboada demandan solucións á falta de salubridade da auga

O voceiro do PSOE de Taboada, Roi Rigueira, explica que unha vez máis a Agrupación Socialista de Taboada levou a pleno os problemas que afectan aos veciños de Taboada, como por exemplo a calidade da auga ou a aprobación da ordenanza da madeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Levamos recibindo dende fai tempo moitas queixas sobre a salubridade da auga no noso Concello, sobre todo cando chove, xa que non se pode utilizar nin para o aseo persoal, nin para cociñar. Todos somos coñecedores do investimento público de medio millón de euros que se realizou na depuradora “fai arredor de 6 anos”, advertiu Roi Rigueira.

Os socialistas defenderon unha moción coa que demandan ao Concello que inste á Xunta a poñer enriba da mesa unha solución a este problema, que afecta tanto á veciñanza de vila de Taboada como algunhas das aldeas do Concello. Solicitan melloras na estación potabilizadora, así como a elaboración dun estudo que permita valorar a idoneidade de novas captacións, e que o Concello bonifique os recibos de auga ou cando menos aplique descontos proporcionais aos días nos que o servizo de auga non foi o axeitado. “O que estamos sufrindo coa salubridade da auga é inadmisible. Os veciños estamos pagando por un servizo que non é digno, e que o máis grave o Alcalde non lle da importancia a algo tan serio como a calidade da auga pública, cos prexuicios que está ocasionando a todos os niveis.

Ordenanza polas actividades extractivas de madeira

Na sesión plenaria aprobouse definitivamente a ordenanza reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais no concello de Taboada. “Unha solicitude que reclamaramos a través dunha moción en xuño de 2020, e que saíu adiante grazas á nosa iniciativa, e tamén á nosa insistencia na obriga do concello de protexer e conservar as nosas pistas”, lembran desde o PSOE.

Na orde do dia tamén estaban incluídas dúas modificacións de orzamento 2021, “unha destinada para conceder unha liña de axudas ao sector da hostalería con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación, e outra, unha subvención nominativa para a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada por importe de 6.000 euros, que foron aprobadas por unanimidade”.

Aprobouse por unanimidade instar ao Concello de Taboada a garantir na medida das súas posibilidades, a instalación de fibra óptica na maior parte dos núcleos. Os socialistas solicitaron tamén a substitución dunha marquesiña en Esperante, tamén que se regule e se prohiba o aparcamento na zona verde do campo da feira, e que se arranxe a fonte do parque infantil e que se solucionen desperfectos en obras recentes como a pista que transcorre dende Zoás a Carude, e outra que vai de Cerdeda a Taboada dos Freires.

Rigueira tamén interpelou ao Alcalde tras coñecer a denegación dunha subvención destinada ao arranxo da pista que vai ao CPI, “xa que o Goberno Local solicitouna tarde, beneficiándose dela outros concellos que si tiñan feitos os deberes e solicitárona con mais dilixencia”, resumiu.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...