InicioPolíticaOs socialistas de Bóveda denuncian a deixadez do alcalde co peche da...

Os socialistas de Bóveda denuncian a deixadez do alcalde co peche da oficina de Abanca

A voceira socialista de Bóveda, Carmen Macía, critica a deixadez do Alcalde e de todo o seu Goberno, “xa que vimos de coñecer que a Oficina de Abanca vai pechar durante tres días á semana, remitindo aos seus usuarios aos Concellos de Sarria e O Incio”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PSOE aseguran que o concello perde servizos, mentres o alcalde mira cara outro lado, deixando á veciñanza desatendida. Lembran os socialistas á poboación de idade avanzada, que non se manexa coas canles dixitais alternativas, e coa nova política da entidade financeira que limita as retiradas de efectivo ás 11.00 horas.

“Non todas as veciñas e veciños poden permitirse o luxo de trasladarse a outros Concellos para realizar unha tramitación bancaria. Por iso, instamos ao Alcalde a que se poña as pilas e inicie negociacións con Abanca para poder solventar esta situación”, insistiu a Voceira Socialista.

“Non podemos nin debemos quedarnos de brazos cruzados cando se están pechando servizos, aínda que neste caso sexan privados,  queremos vivir e traballar no rural, pero dende logo coa deixadez e a desidia do Goberno de Feijóo cara aos concellos do rural, como queda demostrado, non podemos vivir”, insistiu.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...