InicioPolíticaO BNG do sur de Lugo reclama no Miño "Ribeiras Vivas"

O BNG do sur de Lugo reclama no Miño “Ribeiras Vivas”

Este domingo, día 18 de xullo, o BNG Comarcal de Lugo Sul, levará a cabo diferentes actos en conmemoración da Semana da Patria, que rematará, cunha gran manifestación na Praza da Quintana da Capital galega. Con este acto os nacionalistas reclaman que se visibilicen os valores histórico artísticos e etnolóxicos das ribeiras do Miño nos municipios de Carballedo, Chantada e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG comarcal de Lugo Sur desenvolve este domingo un acto reivindicativo das ribeiras no que reclamarán a súa posta en valor, volvendo cruzar o río Miño como se facía de maneira habitual.
Sinalan desde o BNG que as persoas que veñan desde Carballedo embarcarán nos Peares porque a ribeira en Chouzán é inaccesible e navegarán ata a Área Recreativa da Maiorga (Vilar de Ortelle. Pantón) fronte a Sernande (Chantada) e Ervedeiro (Carballedo).

Contarán cunha pancarta reclamando Ribeiras Vivas, o lema baixo o que demandan a recuperación deste territorio e da súa tradición fluvial. Na Área Recreativa terá lugar unha mesa redonda para falar da candidatura fallida da Ribeira Sacra e como se ve o futuro do territorio, con e sen candidatura.

Desde o BNG queren lembrar que nas ribeiras de Pantón e Carballedo existen as evidencias históricas de cultivo máis antigas. “Teñen románico e fáltalles vida, vitivinícola e turístico-cultural. Non queremos máis esquecemento, e reclamamos a súa posta en valor cun turismo sustentable asociado ao sector da viticultura e da conservación patrimonial e territorial,” sinalan. Para rematar o acto farase un brinde pola Patria Galega ao pé do Pai Miño.

Con todo os nacionalistas demandan:

  • Un deseño da paisaxe vitivinícola sustentable, que ordene o territorio ribeirao efavoreza o seu repoboamento.
  • A súa navegación dende o Encoro dos Peares á illa de Porcís (coñecidacomo da Maiorga). Visibilización e promoción turística.
  • Promoción das visitas turístico-fluviais aos templos románicos de Santo Estevo de Chouzán, San Xoán da Cova e Santo Estevo de Atán. Adecuación de accesos dende o río.
  • Promoción dos valores lendarios e de patrimonio inmaterial das ribeiras. Tradicións, vida e poboación.
  • Historia das aldeas ribeirás. Revalorización dos elementos etnográficos mediante visitas turísticas e exaltación de produtos da ribiera.
  • Liña de axudas para a rehabilitación de inmobles existentes nestas ribeiras.
  • Xornadas de divulgación do cultivo do viño e do patrimonio románico.
  • Asesoramento para iniciativas de vida nestas ribeiras.

“Pedimos darlle vida a unhas ribeiras históricas e cuxos valores e habitantes que son de vital importancia para Pantón e Carballedo” di Rosana Prieto Florines, responsable comarcal do Bng Lugo-Sul

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...