InicioPolítica"Tomé sáelle caro á provincia," asegura o PP provincial

“Tomé sáelle caro á provincia,” asegura o PP provincial

“Nunca un presidente fixo tan pouco con tantos cartos e a Deputación de Lugo deu menos servizos á provincia”. Así resumiu o voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, os dous anos de goberno de José Tomé Roca como dirixente provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, Tomé preside o goberno provincial co maior número de persoal de confianza e, por tanto, coa maior partida económica destinada a este fin. Con Darío Campos, ano 2019, o importe neste concepto ascendeu a 475.000 euros; en 2020, sendo Tomé xa presidente esta cantidade subiu aos 910.000 euros; e, en 2021, a cifra a aproxímase aos 963.000 euros. É dicir, o presidente ex sindicalista incrementou este gasto nos seus nun 103%, ou o que é o mesmo, 2,02 veces máis que o seu predecesor no cargo. “Lamentamos que isto non se traducise en máis traballo e en ser útiles aos lucenses e que só sirva para os seus intereses e os do seu partido”, criticou Castiñeira, especificando que no caso do Grupo nacionalista este ten “máis asesores que alcaldes”.

Desentendemento de Vías e Obras

Outra proba do argumento do Grupo do PP é o mal estado da maior parte da rede viaria, que provoca molestias, riscos e avarías nos vehículos. Fronte á inacción do goberno provincial, o grupo popular percorreu as estradas de norte a sur e de este a leste, en moitos casos a petición dos veciños. Fronte a isto, o presidente Tomé, responsable director de Vías e Obras, “chegou a poñer desculpas fantasiosas, falando de teorías da conspiración e engadindo que o traballo da oposición na Deputación é ridículo, cando está chegando á xente”, explicou.

Os populares tamén aseguran que “é un goberno lento”. Así se reflicte na adopción de medidas para frear a pandemia e para paliar as súas consecuencias económicas e sociais. “Mentres socialistas e nacionalistas estaban desaparecidos, o grupo provincial do PP reclamaba medidas para axudar a frear a pandemia, ofrecía colaboración permanente para levalas a cabo e demandaba un plan de axudas directas aos sectores produtivos. O goberno provincial resistiuse unha e outra vez e cando se decidiu a sacar o que debía ser un plan de impulso, ao que chamou Impulsa, resulta que está a ser un plan 0. Ata o di a Valedora do Pobo”, sinalou o popular.

Esta falta de previsión por parte do goberno provincial tamén se observa na política fiscal da entidade, pois segundo se pode extraer do informe publicado no Portal de Transparencia, o tempo que tardou a Deputación en pagar a proveedores algún mes de 2021 superou os 36 días, cando a lei fixa este prazo en 30. A Xunta de Galicia, pola contra, tarda unha media duns 11 días. 

Aseguran os populares que nestes dous o goberno provincial actuou con “sectarismo”, como se viu con total claridade na sinatura de convenios cos Concellos da provincia. O pasado ano as entidades locais gobernadas polo PP recibiron 10 veces menos de asignación que os do PSOE e 4 menos que os do BNG. Tan só un Concello do PP recibiu 150.000 euros fronte aos 1,4 millóns que inxectou en 14 socialistas, e aos 713.000 nos 6 nacionalistas. 

Os populares tamén consideran que, durante o que leva de mandato Tomé Roca, os orzamentos foron “continuistas”, a pesares de que foi un tempo realmente excepcional a causa da pandemia e das súas consecuencias. “Ten anclado o Plan Único, a pesares de que lle pedimos que subise as dotacións para os Concellos para afrontar a crise. Segue igual que no momento en que Elena Candia e Darío Campos o deseñaron no ano 17”. Asemade, “foi un tempo no que o goberno provincial preferiu usar a Deputación, por exemplo, para facer oposición á Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo, no canto de impulsar o tecido socioeconómico da provincia e en cumprir a razón ser que ten esta institución, que é a colaboración e cooperación coas entidades locais”, sentenciou o voceiro do PP.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...