InicioPolíticaO PP da Pobra do Brollón pide ao concello a roza inmediata...

O PP da Pobra do Brollón pide ao concello a roza inmediata das vías municipais

Os populares indican que o verán “xa vai ben avanzado e circular polas pistas é cada vez máis perigoso debido á invasión da maleza”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular pídelle ao Concello que ordene con carácter inmediato a roza das estradas municipais. E é que, segundo advirten os populares, o verán “xa vai ben avanzado e circular polas pistas é cada vez máis perigoso debido á invasión da maleza”.

“Vémonos na obriga de volver a dirixirnos ao nacionalista porque isto parece unha selva”. Así de contundentes se manifestan os populares, logo das numerosas queixas recibida por parte dos veciños a este respecto.

Aseguran os populares que o desentendemento do goberno local respecto do mantemento da vías da súa titularidade é tal que rutas turísticas como a que une a capela de San Vitorio co mirador da Pena do Santo están totalmente inaccesibles pola falta de desbroce. 

“Nin tan sequera o alcalde se preocupa de manter limpos os recursos que temos e que son un atractivo neste época para a xente que nos visita”. Concretamente, a ruta indicada é unha das máis significativas do municipio, pois nela é onde se atopan as minas de ferro dos Buratos, Covadelas e a propia aldea mineira de A Veneira de Roques.

Por todo elo, dende o PP instan ao rexedor “a que traballe algo máis”, xa que este municipio conta, ademais, cunha masa forestal importante, “polo que de producirse un incendio e coa maleza sen rozar, non queremos imaxinar como pode avanzar o lume”, advirten.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...