Monforte destina 130.000 euros para humanizar a rúa Ourense e a súa contorna

As obras de mellora realizaranse nun tramo de 700 metros da rúa Ourense, nas rúas Pantón, Perfecto, Río, Ribas de Sil, Courel e Diego de Lemos e nas travesías Conde Froila Díaz e Poeta Pero de Veer.

Proxecto rúa Ourense / Concello de Monforte

As obras están finciadas pola Deputación Provincial co 60% e ao concello de Monforte correspóndelle o 40% restante. A previsión do equipo de goberno é que as melloras nas travesías comecen en setembro e na rúa Ourense o fagan entre outubro e novembro.

Segundo o alcalde, José Tomé, con este proxecto cambiarase a imaxe desta zona, que experimentará unha mellora integral, tralas obras que xa se fixeron na rúa Cobas. O alcalde cre que estas obras se centran nunha zona da periferia que tivo un importante crecemento nos últimos tempos e na que hai tempo que non se executa ningunha mellora.

Proxecto rúa Ourense / Concello de Monforte
rúa Froila / Concello de Monforte
rúa Pantón / Concello de Monforte

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here