InicioPolíticaOs socialistas de Quiroga denuncian carencias médicas no centro de saúde

Os socialistas de Quiroga denuncian carencias médicas no centro de saúde

A Agrupación Socialista de Quiroga faise eco das denuncias realizadas polos facultativos sanitarios da vila e pola veciñanza, sobre as carencias médicas que sofre o centro de saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Denuncian que dos 3 médicos que hai en plantilla só están traballando 2, xa que non se cobren as vacacións. Ademais critican que este abandono da atención primaria “acentúase coa situación de pandemia que estamos vivindo”.

Advirten tamén que os propios profesionais sanitarios de Quiroga están saturados, “xa que atenden a unha media de 50 pacientes ao día, ademais de ter que asistir aos domicilios e realizar o turno de garda”. 

Dende a Agrupación Socialista de Quiroga lembran “levamos moito tempo denunciando esta situación de abandono da Atención Primaria por parte do SERGAS, xa que a falla de médicos que cubran baixas ou vacacións agrava a situación xa precaria que padecemos pola falla de facultativos na nosa vila”. 

Hai que ter en conta tamén que Quiroga conta con poboación envellecida que require unha atención máis prolongada e especifica, e que engadido ao período vacacional no que aumenta a poboación considerablemente, “fai que o centro de saúde este baixo mínimos”, denuncian.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...