InicioPolíticaO BNG no sur de Lugo solicita un cribado urxente para coñecer...

O BNG no sur de Lugo solicita un cribado urxente para coñecer a situación real do coronavirus nestes concellos

Monforte sitúase no nivel máis alto de restricións despois do gromo detectado hai uns días. No concello detectáronse na última semana 180 casos de covid, o que eleva a cifra ata os 204 casos a 14 días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Increméntanse tamén os novos casos no Saviñao e Chantada. Os demais concellos do sur de Lugo están entre 1 e 9 casos, agás Ribas de Sil que non ten ningún.

Segundo o BNG “os datos facilitados pola Consellaría de Sanidade son moi preocupantes e poden supoñer a saturación dos servizos hospitalarios na provincia, nomeadamente no sur onde o hospital comarcal de Monforte deficitario en servizos ten que derivar a Lugo, área sanitaria á que pertence aos pacientes que requiran atención dos servizos de UCI.”

“O máis importante é protexer a saúde das persoas”, afirma Carme Aira deputada Lucense no Parlamento de Galicia quen convida ao goberno galego a executar os protocolos establecidos e evitar a alarma social e o potencial espallamento do virus a máis persoas das xa contaxiadas.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...