InicioPolíticaCandia destaca en Pantón “o apoio da Xunta na mellora da paisaxe...

Candia destaca en Pantón “o apoio da Xunta na mellora da paisaxe e dos servizos aos veciños”

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, sinalou nunha visita a Pantón acompañada polo alcalde da localidade, José Luís Álvarez Blanco “o importante apoio da Xunta para a mellora da paisaxe a través das súas intervencións no patrimonio cultural da Ribeira Sacra ou das axudas para a rehabilitación de vivendas particulares”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Candia destacou tamén a posta en marcha doutra obra financiada pola Xunta en Pantón que o alcalde sinala como “moi importante para todos os veciños porque permite ampliar a entrada a Ferreira”. Trátase do acondicionamento da zona do mosteiro das Bernardas que permitirá completar o paseo situado fronte ao mosteiro cisterciense, enlazando o núcleo de Ferreira coa praza do Curro.  A estes traballos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina 205.000 euros. Así mesmo, a Xunta financiou con cargo ao Plan Hurbe a humanización e acondicionamento de espazos no municipio coma a beirarrúa e a iluminación entre o Balneario e a fonte de Augas Santas.

A popular gabou “o valor natural e paisaxístico do concello de Pantón, así coma a  riqueza cultural do seu territorio onde abundan as igrexas e mosteiros recoñecidos como Bens de Interese Cultural”. Nese sentido, a Xunta interven con máis de 260.000 euros na mellora da igrexa de Pombeiro, un templo declarado BIC e considerado unha das xoias do románico en Galicia. A Administración Autonómica dirixiu 4,5 millóns de euros á paisaxe cultural da Ribeira Sacra dende o ano 2017 para poñer en valor preto dunha vintena de bens patrimoniais entre os que se atopan tamén a igrexa de Santo Estevo de Atán ou o Mosteiro das Bernardas, no municipio de Pantón.

O concello de Pantón forma parte da Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Ribeira Sacra xunto a outros 12 concellos lucenses e 12 ourensáns. Ao ser de carácter supramunicipal é a Xunta a que xestiona as axudas para a rehabilitación de vivendas e o prazo para que os propietarios soliciten estes apoios está aberto ata o 30 de setembro. “Este tipo de apoios da Xunta dirixidas á rehabilitación contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños e, polo tanto, favorecen o asentamento da poboación”, sinalou.

Prezo da luz

Elena Candia recordoulle ao BNG en Pantón, tras levar ao pleno municipal unha iniciativa para reclamar a baixada do prezo da luz, que “se dirixan ao Executivo de Pedro Sánchez, o mesmo que apoiaron para ser investido presidente, para esixirlle medidas ao respecto. O Goberno de coalición prometeu que non subiría o prezo da enerxía e que non quedaría ninguén atrás, pero o certo é que o encarecemento da factura da electricidade afecta a tódolos fogares”.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...