O BNG do Incio en contra do proxecto eólico da Boibela

O Bloque Nacionalista Galego no Incio reuniuse coa veciñanza ante a posíbel construción dun parque eólico da empresa Green Capital Energy nas parroquias de Trascastro, A Ferrería e San Pedro, o que ten a denominación "A Boibela".

Aeroxeneradores / A.B.F.

Este proxecto atópase, segundo o BNG, en periodo de consultas no Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para a súa aprobación e posta en marcha. Consideran desde o BNG que o parque eólico causará un gran impacto medioambiental e con altos costes sociais, económicos e ecolóxicos. Ao atoparse en terras cun gran valor paisaxístico e medioambiental amparado por normativas de protección internacionais, como poden ser a protección europea que ampara o transcurso do río Cabe, o espazo Rede Natura 2000 ou a recente denominación de Reserva da Biosfera declarada pola UNESCO.

Sinalan desde o BNG que os muíños aeroxeneradores que se prevén terán unha altura de 200 metros, o que serán visibles desde puntos como Samos ou O Courel, “ese amplo radio de alcance provocará en moitos dos lugares da contorna da instalación, ruídos superiores aos 50 db. Sons semellantes aos producidos por unha lavadora de forma constante.”

O BNG iniciará unha campaña de accións para a paralización deste proxecto ata que non exista unha nova lexislación sobre o sector da eólica en Galiza. Tamén transladarán estas inquedanzas ao goberno municipal para que tome consideración e amose unha posición respecto a instalación desta infraestrutura.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here