InicioPolíticaA residencia de Pantón un pouco máis preto

A residencia de Pantón un pouco máis preto

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, levará ao Pleno ordinario deste mes de setembro, que se celebrará o vindeiro martes, a aprobación do convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello de Pantón para a súa construción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo indican fontes da Deputación Provincial de Lugo a construción do Centro de Atención a Maiores de Pantón irá ao pleno desta institución o vindeiro 28 de setembro. O custe da obra estímase en 1,7 millóns de euros, coa previsión de financiala en cinco anualidades.

A Deputación aportará 1,4 millóns de euros e a entidade local 300.000 para construír e poñer en marcha esta dotación social nun terreo situado no centro de Ferreira de Pantón. A futura residencia terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría.

O Presidente da Deputación de Lugo subliñou que “queda demostrado de novo que na Deputación de Lugo cumprimos co compromiso adquirido co Concello e cos veciños e veciñas de facer unha residencia, que traballamos para os 67 concellos da provincia por igual, sexan da cor política que sexan, e que seguimos criterios obxectivos e sen sectarismos”

Neste sentido, José Tomé Roca lembrou que cando tomou posesión, en xullo de 2019, encargouse de formalizar o compromiso que existía co Alcalde de Pantón de construír un Centro de Atención a Maiores neste concello asinando ese mesmo ano un protocolo de colaboración, momento a partir do que a Deputación comezou a traballar na redacción do proxecto, que foi presentado aos veciños e veciñas o pasado mes de xuño nun acto público celebrado na Casa da Cultura da localidade.

O proxecto da residencia de Pantón foi o primeiro da Rede Provincial de Centros de Atención a Maiores que se elaborou integramente contando co asesoramento do Servizo de Benestar da Deputación“Isto ten a vantaxe de que se incorporaron todas as melloras que se foron detectando grazas á experiencia conseguida nas residencias que xa temos en funcionamento”, afirmou Tomé Roca.

O organismo provincial, no que respecta ao impacto económico-laboral coa residencia en funcionamento, prevé a creación de 25 postos de traballo directos para o centro, emprego indirecto e retorno económico que favorecerá aos negocios locais, tales como a farmacia, comercios, supermercados, hostalería ou produtores de alimentos.

CARACTERÍSTICAS DO FUTURO CENTRO ASISTENCIAL

O Centro de Atención a Maiores de Pantón da Deputación de Lugo terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría. Todas as habitacións serán accesibles e amplas, e contarán con cuarto de baño propio.

O deseño repara no cumprimento de barreiras arquitectónicas e está configurado nunha edificación onde prima a luminosidade e a iluminación natural con grandes zonas acristaladas, tanto nos dormitorios como nas salas e zonas comúns. O edificio constará dun semisoto, un andar baixo, dous andares altos e un ático.

No semisoto situarase unha sala de estimulación multisensorial, despachos para o persoal, vestiarios e almacéns.

O baixo será o acceso principal. Albergará o comedor, a cociña, a zona de administración e dirección, salas de convivencia e de actividades, así como cuartos de baños. Os dous andares superiores acollerán as habitacións cos seus correspondentes cuartos de baño, ademais de almacéns e locais de limpeza. No ático está a zona de lavandería, locais das instalacións e almacéns. O edificio terá unha alta eficiencia enerxética. Case toda a enerxía necesaria para a auga quente sanitaria procederá de fontes de enerxías renovables ou aproveitando o calor residual. Ademais, irá moi ben illado, o que fará que teña un consumo case nulo.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....