InicioPolíticaOs servizos bancarios e a posta en marcha dun museo etnográfico, reclamacións...

Os servizos bancarios e a posta en marcha dun museo etnográfico, reclamacións dos socialistas de Sober

Os socialistas de Sober demandarán explicacións ao Goberno Local, na videira sesión plenaria que se celebrará o 30 de setembro, sobre as traídas de auga, o peche de servicios bancarios ou a posta en marcha dun museo etnográfico na vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Eladio Fernández lembrou que “unha das propostas do Grupo Socialista de Sober era a creación dun museo etnográfico no centro de Sober, para exposición e venta dos produtos que se elaboran no noso Concello, e así aproveitar o fuxo de turistas que visitan a Ribera Sacra. O Alcalde asumiu como propia esta iniciativa, e dixo que a levaría a cabo nun dos baixos do Concello, pero lamentablemente levamos máis de dous anos de Goberno e non vemos que a iniciativa vaia para adiante”, critica.

Nesta mesma sesión plenaria, o Grupo Socialista quere coñecer tamén si o Concello vai atender a petición dos veciños e veciñas de Rosende para reparar e acondicionar o palco da música  do campo da festa do San Miguel, “co fin de que os cidadáns poidan desfrutar deste espazo público sen riscos”. Ademais quere saber “cantas casas novas se construíron fora do núcleo urbano de Sober desde a aprobación do Plan Urbanístico, nas parroquias e cantos proxectos están pendentes de execución actualmente”.

Tamén demanda explicacións sobre os prazos das obras de abastecemento de auga municipal da traída desde a Lama Dos Campos ata os lugares de Portizó e Souto Novo, en Rosende e Anllo, financiada con fondos da Deputación de Lugo. E sobre o arranxo de camiños municipais para reparar o pavimento da carreteira de Cima de Vila, Liñarán, ata Bulso. Así como a limpeza e o acondicionamento no monte de Liñarán, na zona de Carnoste, entre Viña Grande e Carnoste, no que hai un tramo sen limpar con árbores no medio do camiño. E por último, sobre o vertido do alcantarillado nunha cuneta, na Veiga, que leva moito tempo vertendo o exterior sen control.

Contra o peche dos servizos bancarios

Eladio Fernández aludiu ademais ao peche dos servicios bancarios en Sober. “No noso Concello pechou fai uns meses o banco Santander, e agora moitos veciños e veciñas teñen que desprazarse a outro Concello para facer as xestións bancarias que precisan, e que na gran maioría son maiores e teñen mais dificultades. E polo que sabemos o noso Concello non fixo nin presentou ningunha reclamación ao banco para solventar esta situación”, lamentou. Por todo isto “queremos emprazar ao Alcalde a evitar que pechen máis servicios bancarios na nosa vila”. E pregúntalle ao Rexedor “si esta de acordo coa solución que ofrece a Xunta aos veciños do rural, dándolle cartos aos bancos para que instalen caixeiros automáticos naqueles pobos que retiran as oficinas”, dixo.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...