InicioPolíticaCourel Vivo denuncia "desfeitas" da CHMS nas presas do río Lor

Courel Vivo denuncia “desfeitas” da CHMS nas presas do río Lor

Courel Vivo asegura que as obras da Confederación son un verdadeiro atentado ao patrimonio inmaterial da pedra en seco; mentres desde o Goberno Local aseguran que só o concello presentou alegacións ao proxecto e acadou que moitas das represas se repectaran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo presenta unha reclamación perante a Dirección de Patrimonio cultural de Galicia e perante a Valedora do Pobo, como ente que debe protexer o Proxecto Cultural e Inmaterial de Galicia, pola “desfeita” que a CHMS está a facer no río Lor e afluentes. Segundo esta formación política estanse a derrubar calzadas feitas con Pedra en Seco, o que fíxolles sacar adiante esta reclamación polo que supón de perda de Patrimonio Inmaterial. 

Segundo CV, o proxecto ten varias eivas, entre elas o de dicir que as infraestruturas transversais do cauce poden supoñer un obstáculo para as comunidades piscícolas, “cando de sobras sabemos, os que eiquí vivimos que as calzadas de pedra sobre o río, ofrecen uns represos que fan que críen as troitas. Polo tanto débese paralizar a eliminación das calzadas previstas no proxecto.”

Courel Vivo asegura que se está a facer un verdadeiro atentado ao patrimonio inmaterial da pedra en seco que a Unesco recoñeceu como valor. “Non comprendemos como sendo Xeoparque ou patrimonio da humanidade, se poden cometer tales barbaridades,” sinalan.

Piden, polo tanto, que se paralicen os traballos e se restablezan ditas presas de pedra en seco (algunhas da 1ª Metade do XIX). Lembran que por unanimidade o concello aprobara unha moción presentada por C@urel Vivo para paralizar as actuacións pero “parece que non foi suficiente.”

A este respecto desde o concello aseguran que cando a CHMS presentou o proxecto desde o Goberno local se facilitou e se animou a todo o mundo a facer alegacións ao proxecto e só presentou alegacións o Concello, “que foron parcialmente estimadas e por iso se van respectar algunhas desas represas de chapacuña e non tiralas todas como propuña a CHMS. O Concello foi o único que nese momento presentou alegacións”, insisten desde o Goberno Local.

Calzada pedra en seco (antes) / Courel Vivo

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...