“Tomé pasará á historia por entregar a Ourense o liderado ferroviario”, aseguran os populares

Para o PP, pola falta de xestión de Tomé, Monforte perderá o seu carácter de centro neurálxico do transporte por ferrocarril que tivo durante decenios. O PP monfortino sinala que Tomé “pasará á historia porque sendo alcalde e presidente da Deputación entregou a Ourense o liderado en materia ferroviaria”.

Ferrocarril Monforte PP / PP Provincial

Segundo a voceira popular en Monforte, o alcalde e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, “é incapaz de defender coa forza necesaria o papel protagonista que debería xogar a cidade do Cabe no futuro ao fío da chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia, por Ourense. Quizá porque carece no seo do seu partido, que goberna en España, do peso que parece querer atribuírse.”

Katy Varela considera lamentable que a política do goberno local se centre en obras e servizos “sen máis ambición que a de obter réditos políticos a moi curto prazo.” Neste sentido indica que Tomé gasta os cartos dos lucenses en repavimentar rúas sen intervir nas infraestruturas relacionadas.

Coas previsións para os servizos ferroviarios, sinala a portavoz popular, “ben se pode dicir que Lugo queda incomunicado coa complicidade do alcalde de Monforte e presidente da Deputación”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here