InicioPolíticaUnha Praza de Abastos multifuncional, proposta do PSOE de Chantada

Unha Praza de Abastos multifuncional, proposta do PSOE de Chantada

"A Praza de Abastos pode ser un perfecto escaparate colectivo para os nosos produtos. A estas alturas, a calidade e riqueza de recursos no noso concello non é só recoñecida dentro de Chantada; tamén fóra," asegura a voceira, Raquel López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PSdeG-PSOE presentará no vindeiro pleno unha moción coa intención de dinamizar a Praza de Abastos. A voceira socialista, Raquel López, explica que a iniciativa de renovación deste espazo “é algo que xa levabamos no noso programa electoral, e que consideramos esencial. Dispoñemos dunhas instalacións na Praza de Abastos, con moitos espazos baleiros, e outros que cremos que non están a dar todo o rendemento que poderían, algo que abriría máis posibilidades e rendabilidade para os chantadinos e chantadinas”.

Os socialistas presentan esta moción convencidos da importancia do comercio de proximidade, que ademais consideran unha ferramenta esencial para fortalecer a economía, o emprego e a proxección turística de Chantada.

Propoñen crear unha Comisión Municipal (con representación de todos os grupos políticos municipais e coordinada dende a concellería de Turismo e Comercio) para elaborar un proxecto novo para a Praza de Abastos e celebrar xuntanzas con grupos de interese na materia para pór ideas en común: Asociación de Empresarios, produtores, hostalería, Consellos Reguladores, sindicatos agrarios, etc.

“A Praza de Abastos pode ser un perfecto escaparate colectivo para os nosos produtos. Contamos con empresas recoñecidas como queixos de Airas Moniz e Galletas Mariñeiras Daveiga, castañas Naiciña, licores Augavella ou o amplo catálogo de viños de gran calidade que temos en Chantada. Cremos que produtos coma estes poden ter un espazo de venta e degustación na Praza de Abastos” – explica Raquel López, secretaria xeral dos socialistas. Ademais “temos que ser capaces de atopar un enclave para os pequenos produtores e produtoras, que venden froita e verdura da súa horta. Compaxinar ambos seguro que non é doado, pero merece a pena facelo”.

Coworking

A revitalización da praza iría máis aló, “utilizando os espazos baleiros do edificio para crear un espazo de traballo cooperativo, de co-working, vencellado a viveiros de empresas; que á vez estaría conectado tanto co IES Val do Asma como coa Asociación de Empresarios de Chantada” explica Raquel López (PSdeG-PSOE de Chantada), que recalca a finalidade de facer máis doado a creación de proxectos en Chantada.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....