“Mellor local, mellor galego”, campaña do BNG para reactivar a economía comarcal este Nadal

O BNG no sur de Lugo presenta unha campaña de apoio ao comercio local da comarca. Segundo o BNG a pandemia da COVID-19 deixou ao descuberto a importancia da necesidade de apostar polo comercio local de proximidade.

Campaña comercio local BNG / BNG

Segundos os nacionalistas, en Galicia temos uns produtos de extraordinaria calidade que debemos apoiar, “resulta aberrante vermos como, día tras día, o goberno do PP a fronte da Xunta de Galiza opta por darlle as costas ao sector primario, a industria de transformación e ao comercio de proximidade”, sinalan desde o BNG.

Desde o BNG defenden que a aposta polo consumo de produtos galegos debería ser unha prioridade na política económica, de comercialización e mesmo de comunicación da Xunta de Galiza. “O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que as actividades agrogandeira, pesqueira e marisqueira, a súa transformación e comercialización, sexan un factor de xeración de emprego e dinamización económica neste país, que tanta falta fai” declara a responsable comarcal Rosana Prieto.

Nesta campaña o BNG repartirá material nos distintos establecementos da comarca para animar á veciñanza a que fagan as súas compras de Nadal no comercio de proximidade.

A Deputada nacionalista, Carme Aira, foi a encargada de apadriñar a presentación desta campaña que se levou acabo na sede do BNG comarcal, contando coa presenza dos responsables locais das distintas localidades

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here