InicioPolíticaA necesidade do terceiro médico para Pantón volve ao Parlamento co BNG

A necesidade do terceiro médico para Pantón volve ao Parlamento co BNG

O BNG de Pantón presentou diferentes iniciativas no Parlamento e no Concello para evitar a perda do terceiro médico en Pantón, pero aseguran que ata agora o único que conseguiron foi promesas e non realidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta formación política encabezou as protestas sociais sobre este tema e segue a pedir a reposición do terceiro médico. Lembran os nacionalistas que “concellos da nosa contorna con menos poboación ca nós teñen tres médicos e a nós déixannos con dous, e con promesas baleiras. No canto de porfiar e esixir esta terceira praza, o alcalde está agora ocupado da procura de terreos para un novo centro médico. Algo incomprensible para a nosa formación que non acaba de entender cal é o criterio do goberno municipal para priorizar o cemento por riba dos recursos humanos e a atención sanitaria pública e de calidade”, sinalan desde o BNG.

“Os datos certos son que perdemos dúas profesionais en seis meses, e a consellaría de Sanidade pretende tapar esta enorme carencia co anuncio da construción dun novo centro de saúde. De novo o PP prioriza o cemento sobre as persoas’,  lembra a portavoz municipal do BNG, RosaAna Prieto Florines quen defende que o urxente e necesario é dotar de persoal o actual centro antes ca ningunha outra cousa.

Anuncian novas accións institucionais no municipio e no parlamento galego para o mes de xaneiro coa intención de dar cobertura definitiva a esa terceira praza, e avisan: “É unha decisión política deixarnos sen el, polo que os únicos responsables da situación son os gobernos do PP no municipio e na Xunta, e tamén son os únicos con capacidade real para solucionar este problema’ sentencian dende o BNG, primeira forza da oposición no municipio de Pantón.

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...