InicioPolíticaEsperta Monforte leva a pleno a instalación de paneis solares en edificios...

Esperta Monforte leva a pleno a instalación de paneis solares en edificios públicos

A moción que presenta Esperta Monforte pretende axudar a diminuir o gasto na factura da luz, que diminuirá tamén cando o alumeado público pase a led.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa de Esperta Monforte aséntase en que a axenda 2030 está a loitar co cambio climático e que “todos deberiamos traballar para garantir o acceso a unha enerxía asequible, segura, sostible e moderna para todas as persoas”, sinalan.

Algunhas das metas de aquí ao 2030 son aumentar considerablemente a proporción de enerxía renovable no conxunto das fontes enerxéticas, optar polas enerxías limpas, a eficiencia enerxética e promover os investimentos en tecnoloxías e infraestruturas limpas.

Para avanzar neste camiño Esperta Monforte leva a pleno unha moción para instalar paneis solares de autoconsumo nos edificios públicos de Monforte e lamentan que non se teñan tomado este tipo de medidas nas recentes melloras das naves do campo da feira e no edificio multiusos. Piden agora que se aproveite para facer este tipo de instalacións na obra que se vai acometer na piscina municipal, vendo a instalacións dos paneis como un investimento de futuro.

Esperta Monforte pide na súa moción comezar os estudos e traballos para a elaboración dun plan de colocación deste paneis solares para edificios municipais.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...