InicioPolíticaInterior Galego Vivo convoca para maio en Antas de Ulla a súa...

Interior Galego Vivo convoca para maio en Antas de Ulla a súa V Asemblea

Nesta asemblea decidirase o programa básico, partindo dos documentos xa traballados na Asemblea do Courel, en defensa da vida digna no interior galego, e darase forma legal á Plataforma, iniciando, ademais, o traballo cara as Municipais 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A coordinadora da Plataforma Interior Galego Vivo reuniuse en Sober o pasado sábado 22 de xaneiro. Entre os acordos, decidiuse convocar a Vª Asemblea do colectivo para o mes de maio en Antas de Ulla, á que están chamadas a participar todas as persoas, asociacións e candidaturas que integran IGV e aquelas que concorden cos seus principios.

Entre as temáticas que se abordarán nos vindeiros meses especificamente estarán a ausencia de políticas públicas de vivenda, que xa provoca falta de oferta de alugueiro para mocidade que quere vivir no rural, a necesidade dun plan de mobilidade que conecte as parroquias rurais coas vilas, máis aló da mobilidade asociada ao turismo, ou o desenvolvemento dunha proposta de fiscalidade específica para o rural, que permita fixar poboación e combater as desigualdades. Tamén continuar coas denuncias das carencias de Atención Primaria e Pediatría no interior.

Entre as persoas participantes, en presenza ou telematicamente, estiveron concelleiras e concelleiros de Por Chantada, Alternativa Veciñal de Antas de Ulla, Courel Vivo, Agroma Sober, Xuntos por Chandrexa e Xuntos por Laza, grupos que xa teñen activas liñas de traballo de cara as Eleccións Locais de 2023.

IGV no local de Agroma Sober / IGV

Interior Galego Vivo está integrada por xentes e/ou candidaturas de Antas de Ulla, A Pobra de Brollón, Carballedo, Chantada, Chandrexa de Queixa, Ferreira de Pantón, Folgoso do Courel, Laza, Manzaneda, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, O Saviñao, Palas de Rei, Pereiro de Aguiar, Quiroga, Samos, Sober, Taboada, Touro, Trives, Vilalba e Xinzo. Asemade, participan movementos veciñais como comunidades de montes, asociacións feministas e viciñais, movementos sociais e plataformas en defensa do ferrocarril e contra proxectos eólicos invasivos.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...