InicioPolíticaConcentración en San Clodio en defensa do ferrocarril o día 30 de...

Concentración en San Clodio en defensa do ferrocarril o día 30 de xaneiro

O BNG Lugo sul organiza o día 30 de xaneiro ás 12.00h na estación de San Clodio, en Ribas de Sil un acto en defensa do ferrocarril. Será o primeiro acto dunha campaña que próximamente englobará diferentes actividades, charlas, presentacións de cara a evitar que continúe o desmantelamento ferroviario e a perda de servizos no sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas aseguran que a restrutruración de liñas para adaptarse aos horarios de chegada do AVE a Ourense afecta, por exemplo, a un servizo que había para chegar de cidades como Santiago ou A Coruña á estación de San Clodio-Quiroga, no Concello de Ribas de Sil en horario de tarde. Lembran os nacionalistas que é a estación de referencia para toda a Comarca de Quiroga, “e que o tren foi, e debe seguir sendo un motor de desenvolvemento e que permita, sobre todo, manter a poboación actual e atraer outra nova”.

Por mor destes cambios nos horarios que está a implantar RENFE, a compañía ferroviaria deixa sen conexión con enlace polas tardes as cidades datrens Coruña e Santiago de Compostela coa estación de San Clodio-Quiroga, eliminando a posibilidade xa de adquirir estes billetes. “Con esta decisión, as mozas e mozos que cursan estudos universitarios na Coruña, Compostela, ou mesmo en Lugo, perderán un dos poucos enlaces que os achegaba ás súas casas os venres tarde.”

Desde O Bloque Nacionalista Galego na comarca de Lugo Sul consideran inadmisible esta situación e organizar este acto simbólico en defensa do ferrocarril que servirá de presentación dunha campaña en defensa dos servizos públicos no interior do país, nomeadamente dos ferroviarios que terá como lema ‘San Clodio non pode perder máis trens’ polo que os nacionalistas fan un chamamento a toda a poboación da bisbarra para defender esta liña ferroviaria.

A campaña terá permanencia no tempo e englobará diferentes actividades, charlas, presentacións de cara a evitar que continúe o desmantelamento ferroviario e a perda de servizos no sur de Lugo. As accións reivindicativas serán acompañada de iniciativas institucionais do BNG tanto no Congreso como no Parlamento de Galiza.

“Precisamos comunicacións para poder vivir aquí, no BNG témolo claro e agora na bisbarra de Quiroga é unha prioridade manter e mellorar os servizos públicos por iso facemos un especial chamamento á poboación afectada e aos medios de comunicación para dar visibilidade a esta problemática” insisten os nacionalistas.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...