InicioPolítica330.000€ para mellorar servizos e infraestruturas en Taboada co Plan Único

330.000€ para mellorar servizos e infraestruturas en Taboada co Plan Único

O voceiro do PSOE de Taboada, Roi Rigueira sinala que a veciñanza de Taboada recibe máis de 330.000 euros da Deputación de Lugo para mellorar os camiños e accesos municipais, o servicio de axuda a domicilio e a creación de cinco postos de traballo na vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co acordo de adhesión do Concello de Taboada ao Plan Único da Deputación de Lugo 2022, Rigueira remarcou que “este investimento contribuirá a mellorar as infraestruturas viarias municipais, realizar obras en diversas instalacións públicas e deportivas, así como incentivar a creación de emprego. E no eido dos servicios sociais permitirá reforzar o sistema de axuda no domicilio e contratar persoal para atender a demanda existente”, expuxo.

Con cargo a este orzamento do organismo provincial, realizarase a pavimentación de accesos nos seguintes puntos; O Curro, Fontefría, Igrexa de San Pedro de Bembibre, A Seara, Valboa, Quinzán, Montecelos, e na Rúa Nova en Taboada. Afirmado e pavimentación de accesos en San Martiño de Couto e no Maxal, así como na Facha e en Sonán. Este investimento inclúe tamén melloras no acceso a ribeiras de Sobrecedo (zona de Valdomende), e no acceso a ribeiras en Mourulle e na zona do Clube Náutico. Realizaranse obras de mellora nos vestiarios do campo de fútbol da Medela, ademais dun cambio parcial na cuberta no Pavillón Municipal de Deportes.

Aseguran os socialistas que no que atinxe aos servizos sociais, o Concello de Taboada poderá investir un montante económico de máis de 24.000 euros destinado ao servizo de axuda ao fogar (SAF), para contratar persoal e responder á demanda existente na vila.

Na creación de emprego, a través do Programa Fomento de Emprego da Deputación, “permitirá contratar a tres peóns a xornada completa durante 6 meses, e tamén a dous 2 oficiais a xornada completa durante 6 meses”, remarcou Roi Rigueira.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...