InicioPolíticaO 21 de febreiro recollida de sinaturas en San Clodio para recuperar...

O 21 de febreiro recollida de sinaturas en San Clodio para recuperar as frecuencias dos trens

O luns, día 21 de febreiro, entre as 12 e as 14h, na Praza Maior de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil o BNG Lugo Sul segue coa campaña para acabar coa supresión de trens en San Clodio. Neste caso farase a recollida de sinatuas reclamando a recuperación de frecuencias e a adopción de medidas contra o abandono de infraestruturas ferroviarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xa se anunciara na concentración do pasado día 30 de xaneiro en San Clodio, desde o BNG en Lugo Sul comezaron unha campaña de recollida de sinaturas para acabar coa continua supresión de trens na estación de San Clodio-Quiroga, “ben por cadrar os horarios co AVE, ben pola Covid19 ou con calquera outra “escusa” que ten como resultado un servizo escaso, que non cubre as necesidades da poboación usuaria da estación de San Clodio, que abrangue dende Caldelas ao Courel,” sinalan os nacionalistas.

Demandan servizos de cercanías para dotar de calidade de vida á poboación local, e de vida á propia estación de San Clodio e a toda a comarca. “Aumentar visitantes ademais de servir ás persoas que vivimos aquí. Conectarnos co Bierzo, Valdeorras, Lemos e Ourense, porque existe liña, só hai que racionalizar os recursos e poñelos ao servizo das persoas”, insisten.

Os nacionalistas queren recuperar os trens suprimidos pola pandemia, nomeadamente o nocturno con Barcelona e reclamar que os trens procedentes do País Vasco e Cataluña paren en San Clodio. “Imos facer que nos escoiten para que nos teñan en conta e reformulen os horarios e número de trens,” conclúen.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...