InicioPolítica“Investir na promoción do turismo e o asentamento de poboación no rural”,...

“Investir na promoción do turismo e o asentamento de poboación no rural”, obxectivos de Héctor Corujo, elexido presidente do PP do Incio

O novo presidente da agrupación do PP local agradeceu a confianza dos afiliados e apostou por seguir traballando en beneficio dos veciños e, polo tanto, “de forma aberta ás distintas demandas sociais”. Sinalou como un dos obxectivos do PP local “ampliar a base do partido coa incorporación de xente nova, que son o futuro do municipio”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, Héctor Corujo, foi elixido presidente do PP do Incio no congreso local celebrado este venres coa participación da presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, e outros membros do partido coma o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; o secretario de organización, Javier Vázquez Prado; alcaldes e portavoces da zona.

O novo presidente da agrupación do PP local agradeceu a confianza dos afiliados e apostou por seguir traballando en beneficio dos veciños e, polo tanto, “de forma aberta ás distintas demandas sociais”. Sinalou como un dos obxectivos do PP local “ampliar a base do partido coa incorporación de xente nova, que son o futuro do municipio”. Nese sentido, “tendemos a nosa man ás persoas que queiran subirse ao barco para facer cousas polo Incio”, afirmou.

En relación á xestión municipal, Corujo explicou que “estamos a reconducir a desastrosa situación económica que o Concello herdou do anterior goberno socialista”. Nese sentido, apuntou que a súa liña de traballo é a de “tratar de reducir o gasto ordinario e cadrar as contas para devolver no menor tempo posible o diñeiro prestado e poder facer máis investimentos no Incio”.

O popular destaca os atractivos naturais do municipio, “situado preto de vilas importantes como Sarria ou Monforte e ás portas da Ribeira Sacra e do Courel” e engade que “se volvemos contar co apoio dos veciños e volvemos ter a oportunidade de dirixir o Concello, seguiremos traballando para potenciar o turismo e ofrecer servizos, coma a dotación de banda ancha de internet para tódolos fogares, co obxectivo de que a xente se instale no rural

A presidenta provincial do PP puxo en valor o traballo do alcalde e o seu equipo á fronte do goberno local dirixido a cumprir os compromisos adquiridos cos veciños a través dunha xestión “eficiente e responsable”. Nesa liña, agradeceu o compromiso de traballo do PP do Incio e convidounos a seguir velando polos intereses dos veciños.

A executiva do PP do Incio complétase con Ramón Dositeo Mourelo, María Mayra Freán, Daniel Arias, Goretti Díaz, San Fernández, José Manuel Vilariño López, Daniel Magdaleno, Jaime Íñiguez, Antonio Rodríguez, José Álvarez, José Antonio Valcárcel, Antonio González, Jorge Díaz, e Ángel Camino, membro nato da directiva.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...