InicioPolíticaO BNG leva ao Parlamento Galego o derrube da estrada LU-651 entre...

O BNG leva ao Parlamento Galego o derrube da estrada LU-651 entre Quiroga e Folgoso do Courel

Que actuacións vai levar adiante o goberno da Xunta en canto á investigación das causas, depuración de responsabilidades e recuperación inmediata da estrada LU- 651 no concello de Folgoso do Courel? e a cargo de quen vai correr o custo da reparación da estrada e, de ser o caso, que sancións están previstas?, son algunhas das preguntas do BNG:

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo, día 20 de marzo, derrubouse unha parte da estrada LU-651, entrada principal ao concello de Folgoso do Courel desde Quiroga, deixándoa impracticable. A única alternativa a esta vía, se non se quere dar un enorme rodeo, é o desvío entre Vidallón e Valdomir, pola Campa, estrada cunha anchura apenas apta para o paso dun vehículo utilitario. O derrube provocou tamén o illamento do Concello por vía telemática, dado que se interromperon as comunicacións por fibra óptica.

Por baixo do punto kilométrico no que se produciu o derrube, atópase unha mina de lousa, con galerías que pasan por baixo da estrada, e que condiciona a estabilidade do terreo. “Este feito é coñecido por tódolos actores institucionais responsables da seguridade desta vía de comunicación, xa que se recolle nun estudo xeolóxico-xeotécnico dos anos 2000, no que se daban datos suficientes que demostraban masas deslizadas e cicatrices de deslizamento na vertente septentrional, que é a que nos ocupa, pero que non serviu para que a Xunta de Galiza asumira as súas responsabilidades e traballara na estabilización da estrada”, sinalan desde o BNG.

Lembran que tampouco o goberno do Estado nin a confederación hidrográfica fixeron nada, cando no 2006 se publicaba no BOE o anuncio da confederación relativo á información pública do proxecto de restauración hidrolóxico forestal das áreas afectadas polas escombreiras de pizarra nas marxes dos ríos Redomás (ou Luruda) ó seu paso pola paraxe da Campa.

Vista do afundimento dende o monte de Santa Eufemia. Foto: Martín

En palabras de Carme Aira: “unha vez máis, e como xa é habitual, o rural e a montaña lucense vese abandonada ata o perigo para as persoas e o propio territorio, dende logo só o azar puido evitar un drama humano na principal estrada do Courel pola que pasan dende as criaturas para a escola ata os traballadores da propia canteira”.

Así as cousas a deputada do BNG pola provincia de Lugo, presentou unha serie de preguntas ao goberno da Xunta:

“Que investigacións se van levar adiante para ver quen ten resoesponsabilidade nesta falta de previsión sobre o derrubamento acontecido? Existe algún sistema de inspección da mina por parte da Consellería correspondente?

Había algún sinal de alarma sobre a posibilidade de derrumbamento? Que risco supuxo o derrubamento para os seus traballadores e cantos estaban traballando na zona do derrube? Hai algún expediente aberto á empresa explotadora do xacemento en relación co mantemento e supervisión do estado das galerías afectadas ou causantes do derrubamento?

Tiña coñecemento a consellería de Industria das actuacións que estaba levando a cabo a empresa para garantir a seguridade da circulación e incluso dos seus propios traballadores? Como vai apoiar o goberno da Xunta de Galiza ó Concello do Courel para restaurar as eivas causadas polo derrube á maior brevidade? Por que non atendeu o goberno da Xunta as notificacións e informes enviados pola asociación SOS Courel que advertían do risco que supoñía esa canteira? Por que a Xunta non interpelou á Confederación Hidrográfica por non levar adiante o seu traballo de recuperación da zona da escombreira da canteira-mina de CUPA?”

Perspectiva do tramo da estrada afectada. Foto cedida.

Así o BNG insta ao goberno da Xunta de Galicia a:

  • Investigar o acontecido para averiguar as causas polas que se produciu oderrubamento da estrada Lu-651 e a implicación da empresa concesionaria da explotación nestes feitos.
  • Garantir á maior brevidade a recuperación deste tramo de estrada para evitar os prexuízos que supón este derrube para a poboación.
  • Revisar o estado da estrada dende o seu inicio ata o seu remate dado que o seu asfalto se atopa agretado en moitos tramos.
  • Depurar as responsabilidades que se poidan determinar trala investigación.
  • Asegurar que o diñeiro público non se use na recuperación da estrada para encubrir as responsabilidades que poidan ser achacadas á empresa privada

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....