InicioPolíticaO BNG pide ao director de AGACAL desbloquear a "crise de goberno"...

O BNG pide ao director de AGACAL desbloquear a “crise de goberno” na D.O. Ribeira Sacra

A portavoz de Viticultura do BNG, María Albert, pediu responsabilidades ao director da AGACAL, José Luís Cabarcos, pola "crise de goberno" do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada do BNG explicou que  despois de trece meses da presentación da moción de censura, “a situación non mudou”, e tanto o labor de Medio Rural como a do director de AGACAL non contribuiron a resolver a crise de goberno polo que esixiu “responsabilidades” ao titular da Axencia galega de Calidade Alimentaria.

A nacionalista sumou as súas criticas a falta de resposta do Consello Regulador aos requirimentos da Valedora do Pobo dos documentos da moción de censura.

Para a deputada, “Medio Rural e AGACAL fixeron deixación de funcións e tomaron partido no conflito. Os asinantes da moción de censura queren unha resposta sobre o que consideran unha vulneración da democracia e que se cumpra a lei”.

Segundo o BNG todo indica que tanto a consellería como AGACAL “continúan na súa postura inmobilista e a Denominación de Orixe permanece coa dirección bloqueada cun conflito permanente que dura trece meses”.

A consellería respondeu que o Consello Regulador entrou en función o 27 de xullo, non había polo tanto lugar a debater “a moción de censura” e sinalou que todo quedaría solventado coa convocatoria electoral nos primeiros seis meses deste ano.

María Albert afirmou que gobernar é enfrontarse aos problemas e o “Partido popular mira para outro lado e mesmo ampara situacións que chegan a seren irregulares. Que intereses se están a defender dende a consellería?” preguntou.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...