InicioPolíticaA subdelegada do Goberno en Lugo reivindica que "os maiores están na...

A subdelegada do Goberno en Lugo reivindica que “os maiores están na axenda política”

Isabel Rodríguez e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participaron este sábado na Festa dos Avós de Láncara.

Publicado o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este sábado desde a XIII Festa dos Avós, en Láncara, que “os maiores están na axenda política”dun Goberno que “garante o poder adquisitivo das pensións”.

Segundo trasladou a Subdelegación nunha nota de prensa, Rodríguez lembrou “a histórica decisión” de revalorizar as pensións o mesmo que subiu a vida, coa entrada en vigor da nova lei de garantía do poder adquisitivo das pensións que, subliñou, este ano tiveron “unha subida media do 2,5%, no caso das contributivas, e do 3% nas pensións mínimas”.

Nesta mesma liña, explicou que o máis importante desta medida é que “dá tranquilidade para o futuro aos pensionistas”. “É unha gran medida coa que desde o Goberno defendemos o dereito á dignidade e á calidade de vida dos maiores fronte aos que apostan pola tesoira e os recortes, que sempre lle pasan a factura aos que máis necesidade teñen e máis traballaron para sacar adiante este país”, engadiu.

A DEPUTACIÓN, “COS MAIORES”

Así mesmo, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, tamén participou este sábado naFesta dos Avós de Láncara, onde destacou o compromiso da institución provincial coas persoas maiores.

José Tomé reivindicou o compromiso da Deputación de prestar unha atención de calidade ás persoas maiores, “que garanta o seu benestar e dignidade”. Neste sentido, lembrou que a institución provincial destina “máis dun terzo do seu orzamento” a políticas sociais, como a prestación do Servizo de Axuda no Fogar, a Teleasistencia Domiciliaria as 24 horas e a rede centros públicos de atención aos maiores que teñen en marcha.

Ademais, o presidente valorou que as residencias da Deputación, situadas no rural, “están pensadas para que os maiores non teñan que marchar da súa contorna” para recibir atención. Tomé explicou que se trata duns centros “de pequeno tamaño”, nos que prima “o coidado ás persoas” e que non buscan “rendibilidade económica”, senón “rendibilidade social”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...