InicioPolítica"Tomé esquece a seguridade viaria nas obras que contrata nas estradas provinciais",...

“Tomé esquece a seguridade viaria nas obras que contrata nas estradas provinciais”, asegura Castiñeira

Os populares destacan que a LU-P 3202, a estrada provincial de Currelos a Monforte é unha das principais entradas á cidade que se vén de mellorar, pero a veciñanza quéixase dos resultados, segundo o PP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, a Deputación ten pendente a mellora das estradas provinciais, “moitas das cales están en moi mal estado. Por iso, é unha boa noticia a renovación do pavimento dunha estrada relevante dentro da rede provincial, como é a que une Monforte e Currelos  (LU-P 3202).”

Os populares aseguran que foron a comprobar as obras despois das queixas da veciñanza e puideron comprobar como quedara a estrada. Reclaman melloras nas beiravías e pasos de peóns sobreelevados. Castiñeira di: “Tomé esquece a seguridade viarias nas obras que contrata nas estradas provinciais, incluso en Monforte, concello do que é alcalde”.

O portavoz popular explica: “É unha obra de pavimentación que custa 230.000 euros, dos cales se investiu nas beiravías cero euros. Parécenos lamentable, especialmente nunha zona moi poboada. É aínda máis grave porque Tomé é o alcalde de Monforte e esquece aos seus veciños e da seguridade dos peóns, dos ciclistas. E peor aínda, da seguridade dos usuarios da residencia de Prodeme e do mercado gandeiro. É un feito grave: esta obra non queda ben rematada”.

Os veciños queren pasos de peóns sobreelevados, co  fin de forzar a redución de velocidade dos coches que circulan por esta vías. A portavoz popular en Monforte, Katy Varela, pon de manifesto que o firme da estrada, unha vez renovado, queda máis alto que a beiravía. Varela considera que, por este motivo, o resultado final é “unha chapuza”. Fíxose eco das queixas veciñais, polo risco que supón para os peóns, pero tamén polo que pode entrañar para o tráfico rodado.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...