Os socialistas de Láncara pídenlle ao voceiro popular “que deixe paso a compañeiros comprometidos co concello”

O Alcalde Láncara, Darío Piñeiro critica a actitude "soberbia" do concelleiro do PP, Santiago Cubillas, “xa que vai anunciando a bombo e platillo por todo o Concello que non será o cabeza de lista nas vindeiras municipais”, e que polo tanto busca candidato.

Casa Consitorial Láncara / wikipedia

Os socialistas din que con esta actitude “Cubillas está menospreciando aos seus propios compañeiros de partido e de candidatura en Láncara”. E advirten que en política “fai falla xente que sume, que aporte ideas e non enfrontamentos estériles, incluso como neste caso dentro do seu propio partido, como adoita a facer este voceiro do PP”.

“Santiago Cubillas anuncia que non será candidato, pero parece que tampouco lle valen ningún dos seus compañeiros de filas. Por iso, dende aquí convidámolo a deixar paso a compañeiros comprometidos polo futuro do noso Concello. Láncara necesita concelleiros traballadores e comprometidos e non oportunistas”, remarcan dende o PSdeG.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here