InicioPolíticaPor Chantada demanda a redacción dun PEP do Mosteiro de San Salvador...

Por Chantada demanda a redacción dun PEP do Mosteiro de San Salvador de Asma

Por Chantada demandará o cumprimento do artigo 20.1 da Lei 16/58 do Patrimonio Histórico Español, que fixa a obriga de redactar un Plano de especial protección para os lugares declarados BIC. Tamén o disposto no Catálogo do Patrimonio Cultural da Galiza, art. 30.1 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural da Galiza (LPCG) e no art. 35 LPCG para o grado de protección e usos permitidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

San Salvador de Asma é central para historia da comarca de Chantada. A súa orixe remóntase ao século IX e consta documentación desde 1074, cando aínda era unha abadía. “Dificilmente, se pode entender que semellante fito do noso patrimonio colectivo aparecese en pleno século XXI á venda en Milanuncios, sen que a declaración de BIC por parte da Xunta tivese revertido a súa continuada degradación, ruína e abandono”, sinalan desde Por Chantada.

Por Chantada leva desenvolto numerosas iniciativas perante diversas institucións na defensa do patrimonio e, no que atinxe ao Mosteiro de San Salvador de Asma, destaca a moción para impulsar a adquisición e xestión públicas do Mosteiro (2017), varios expedientes demandando a intermediación da Valedora do pobo (2019-2022) ou perante a Dirección Xeral de Patrimonio. Sen embrago aseguran que “o único certo é que a degradación de San Salvador de Asma continúa a pesar de que, no papel, a súa protección é integral.”

Mosteiro San Salvador de Asma obras / Por Chantada.

A candidatura veciñal propón impulsar, como primeiro paso para a súa conservación, a redacción dun plan especial de protección (PEP) do mosteiro de San Salvador de Asma (BIC.000.705) e dirixirse á Consellería de Cultura para que colabore nas actuacións protectoras a través dun convenio de financiamento do devandito instrumento de planeamento urbanístico. “Entendemos que o Goberno central e a Xunta da Galiza deben pór os medios para adquirir o mosteiro de San Salvador de Asma dándolle un uso público e garantindo o uso e desfrute do BIC debidamente contextualizado” e lembran que todas as parroquias ribeirás incluídas na delimitación da candidatura a Patrimonio da Humanidade perderon entre 2000-2020 40% da poboación e o envellecemento é notábel. “Uns dados tan rotundos só poden definirse como demotanasia, é dicir, o baleirado dun territorio alentado –por acción ou omisión– desde as institucións”, conclúen.

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...