InicioPolíticaO BNG urxe no Congreso a garantir a conexión de telefonía e...

O BNG urxe no Congreso a garantir a conexión de telefonía e internet no Courel

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas relativas á fenda dixital e ás dificultades de acceso a internet e telefonía en comarcas de Lugo, especialmente no Courel, en que o pasado 25 de maio apagaron a central de telefonía por cobre o que provocou que numerosas casas quedasen sen este servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG demanda medidas urxentes para reducir a fenda dixital e garantir o dereito da cidadanía a acceder á telefonía e as novas tecnoloxías como un servizo básico universal. Exixe acortar os prazos para a extensión da banda ancha ultrarrápida en Lugo, así como no medio rural, para asegurar a cobertura de telefonía e internet, básica para o traballo, a actividade comercial e económica.

Segundo os datos aportados polo Secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas, Galiza é un dos territorios con peor conectividade e velocidade da Internet, sobre todo nas zonas rurais ou de montaña. Cabe destacar que Lugo é a circunscripción con máis zonas sen cobertura ou dificultades para acceder de forma rápida e estable a internet.

O pasado 25 de maio clausurouse a “central de telefonía por cobre” do Courel e numerosas casas quedaron sen acceso a internet. Algúns fogares quedaron mesmo sen liña telefónica. “Queremos coñecer se o executivo fará algo para solucionar este problema de conexión na zona do Courel para garantir o servizo de telefonía fixo e Internet” demanda o deputado do BNG.

Moitos veciños e veciñas cando tentan cambiar de compañía atópanse cunha total falta de garantías para o acceso a internet e telefonía estábel, e atópanse co pretexto das “difíciles condicións da orografía, o feito de tratarse de zona de montaña e as condicións climatolóxicas”. Esta situación non é nova e non é específica da zona do Courel. “Sófrena moitas poboacións da montaña de Lugo, doutras comarcas e mesmo sucede en moitos barrios da cidade de Lugo” subliña Rego. 

“O Goberno do Estado debe levar a cabo medidas para reducir a fenda dixital que sofren poboacións do medio rural de Lugo. Deben garantirse os seus dereitos de acceso á telefonía e ás novas tecnoloxías nas mesmas condicións de custo do servizo e cobertura que outras zonas” reivindica o deputado do BNG. Así mesmo, reclama información sobre os prazos temporais previstos polo Ministerio para a extensión da banda ancha ultrarrápida en Lugo e se nese plan se inclúen as comarcas da Montaña de Lugo.

“O acceso universal ás tecnoloxías é un dereito contemplado na lexislación. Con todo, tal e como estamos a exemplificar, no caso do territorio lucense non se cumpre” explica. Así mesmo, lembrou que o Goberno do Estado adxudicou, en decembro, á compañía Telefónica un plan de extensión da banda ancha  ultrarrápida en Lugo. A compañía indicou que levaría a conexión 5G en banda de 700  Mhz a Lugo e aos municipios de Castro de Rei, O Corgo, Foz, Sarria, Becerreá, Begonte, A Fonsagrada, Friol, Monforte, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Ribadeo, Taboada, Vilalba, Viveiro, Burela, Chantada e Mondoñedo.

Antes da pandemia encomendouse á empresa Adamo outro plan para a extensión da banda ancha que se supón debe estar terminado neste ano 2022.

“A cuestión é que os habitantes das distintas comarcas de Lugo non contan coas debidas garantías para o normal acceso e en boas condicións ás novas tecnoloxías. A fenda dixital e telefónica é unha realidade que conleva consecuencias económicas, comerciais, sociais, déficit no desenvolvemento tecnolóxico e é unha rémora para atraer poboación que se asente no medio rural, precisamente nun territorio que padece un gran despoboamento” conclúe Rego.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...