O BNG de Monforte solicita medidas de restrición do tráfico na ponte de Piñeira

O BNG visita a ponte de Piñeira na que se observa un piar desprazado na parte superior.

Ponte de Piñeira / Cedida

O pasado domingo o BNG coñecía que podía existir unha deficiencia na ponte que hai sobre o río Cabe na parroquia monfortina de Piñeira, lugar ao que se desprazaron esta semana responsables desta formación política.

Trala visita o BNG de Monforte rexistrou unha petición ao goberno municipal de Monforte poñendo en coñecemento a situación, e solicitando medidas de restrición do tránsito ata ter a certeza de que este é seguro.

A ponte e a estrada da que fai parte son de titularidade municipal e os nacionalistas aseguran que hai alarma social, “é mellor pecar de cautos que lamentar males maiores” di o portavoz municipal Emilio J. Sánchez, quen avoga pola inmediata limitación do tráfico pesado.

Ponte de Piñeira / BNG Monforte

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here