InicioPolíticaA pista de Pádel de Taboada, unha trampa para paxaros segundo o...

A pista de Pádel de Taboada, unha trampa para paxaros segundo o BNG

"Nestes días podíanse contar restos de ata 6 paxaros no seu interior e dunha aguia rateira no exterior. Sendo probable que no exterior non se atopen máis restos por ser retirados por outros animais da fauna da zona", aseguran desde o BNG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os nacionalistas a xestión e mantemento desta pista son claramente mellorables. “Non pode ser que os paxaros que se accidentan contra as superficies transparentes da dita pista acaben podrecendo sobre o céspede artificial da mesma”, aseguran e presentan un escrito no Concello dirixido ao Alcalde de Taboada, demandando unha pronta solución a este problema.

Dende o BNG entenden que o concello debe adoptar medidas que eviten estes accidentes dos paxaros e que melloren a xestión da instalación. “Débese establecer un protocolo da limpeza, mantemento e vixilancia que permita actuar con certa rapidez cando se producen as incidencias; garantindo a correcta funcionalidade da instalación para a práctica desta actividade deportiva.”

Consideran urxente que o concello dispoña algún tipo de rotulación nas superficies transparentes das paredes do cerramento da pista, para evitar que os paxaros se accidenten contra elas.

pista de pádel Taboada / BNG de Taboada

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...