O centro de saúde de Pantón cun só médico para o verán, denuncian os socialistas

Os Socialistas de Pantón denuncian a pasividade do Alcalde e de todo o Goberno do PP “que son incapaces de mover un só dedo para solventar a carencia de médicos que padece a veciñanza”. Advirten que rescindiron o contrato do terceiro médico que atendía as consultas.

Centro Saúde Pantón / BNG Pantón

Os socialistas aseguran que coa chegada do verán a poboación multiplícase e só hai dous médicos para atender as consultas,”médicos que teñen que desfrutar das súas vacacións, polo tanto toda a poboación só estará atendida por un só medico para todo o Concello”.

Lembran que tanto o alcalde como o PP aseguraron que se ía cubrir a terceira praza médica no centro de saúde, “e a realidade é que a día de hoxe só vamos a ter un médico para atender a toda poboación e aos visitantes”, replican.

Segundo os socialistas, os propios facultativos aseguran que actualmente están atendendo unha media diaria de 60 pacientes, con 2 ou 3 saídas en cada xornada e cada unha delas cunha media de duración de 45 minutos. “Polo tanto a veciñanza de Pantón segue sen ter os tres médicos comprometidos polo PP, e segue sen completamente esquecido polo goberno da Xunta”.

“Dende a Agrupación Socialista de Pantón defendemos unhos servizos públicos de calidade, no ensino, na educación, na sanidade, ou nos servicios sociais.. Queremos que a nosa veciñanza teña as mesmas oportunidades que calquera veciño ou veciña que viva noutro concello da provincia. Por iso seguiremos denunciando as carencias sanitarias da nosa vila, non imos quedarnos de brazos cruzados mentres seguen co desmantelamento do noso Concello”, conclúen.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here