InicioPolíticaEscorrentía de cinzas no Courel despois das choivas desta semana

Escorrentía de cinzas no Courel despois das choivas desta semana

Desde Courel Vivo sinalan, "nas xornadas do martes e mércores toneladas de cinzas e terra baixa caeron polas ladeiras cara as casas e os ríos sen que as administracións tivesen feito nada, tras un mes do lume; máis que anuncios e fotos de politicos pola zona."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a agrupación municipal de Courel Vivo lembran que durante a extinción do maior lume de Galicia, que se iniciaba coa tormenta do 14 de xullo, os medios foron escasos e chegaron tarde. Aseguran que fai un ano que solicitaron ao pleno que o Concello pedise á Xunta máis medios de prevención para o Courel e mellorar pistas e pozos de auga; “non nos fixeron caso votando contra os intereses de toda a veciñanza”, aseguran.

Máis dun mes despois do inicio do incendio, Courel Vivo lamenta que non se teña feito nada para protexer as ladeiras e as aldeas do C@urel. “Seguen vendendo fume e prometendo axudas que moitas quedarán no camiño, poñendo tantas trabas para acceder a elas. Preguntámonos para que estamos a pagar os soldos??”, conclúen

Escorrentía / Courel Vivo

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...