Os folguistas do Hospital de Monforte non cesan no seu empeño

Manifestantes no Hospital Comarcal de Monforte: Fonte: CIGA
Manifestantes no Hospital Comarcal de Monforte: Fonte: CIGA

Esta xornada de parón laboral foi secundada por especialista das áreas especialidades de Radiación, Dermatoloxía e Oftalmoloxía.

Os traballadores do hospital comarcal de Monforte non afrouxan nas súas protestas. Na terceira xornada de protestas, traballadores do centro volveron concentrarse nos corredores para exhibir a súa unidade e insistir nas súas demandas por falta de medios e recursos.

Traballadores do centro médico consideraron que a reunión cos responsables do hospital foi “unha tomadura de pelo” pois, segundo eles, o equipo da xerencia “non aceptou ningún dos puntos” presentados polos folguistas.

Ademais, e segundo fonte sindicias, nesta terceira xornada de folga de maio, un grupo de traballadores encerráronse no despacho de directiva de Enfermería.

Para venres día 11 está previsto que saia un autobús gratuíto de Monforte ás 10:00 da mañán para facer unha concentración diante do Hospital Universitario Lucus Augusti.

As xornadas de folga dos martes e xoves no Hospital Comarcal de Monforte seguirán celebrándose de xeito indefinido ata que se acaden os propósitos establecidos. Estos paróns laborais teñen como fin establecer presión para expresar a súa posición fronte á Lei de Saúde aprobada polo PP no Parlamento de Galicia ademais de facer visible un problema de falta de medios e recursos que fai moi complicadas as condicións laborais.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here