InicioPolíticaJulia Rodríguez considera que Tomé é un mal alcalde por criticala

Julia Rodríguez considera que Tomé é un mal alcalde por criticala

A popular censura o atrevemento do alcalde nas últimas declaracións vertidas sobre a súa figura

Publicado o

- Advertisement -

A voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez, censura o “atrevemento” do alcalde e a súa incapacidade para agradecer o traballo que tiña que facer el e non o fai. Deste xeito deféndese das duras acusacións vertidas contra ela polo rexedor, tal e como informou XdL, e asegura que a actuación que a CHMS vai facer en nos regatos de Monforte non ten nada que ver coas obras xa anunciadas anteriormente polo organismo.

Dende o seu partido aseguran que a CHMS vai acometer a limpeza dos regatos porque quen ten competencia de facelo, o Concello, non o fai. En declaracións en rolda de prensa, Julia Rodríguez asegura que, “queremos crer que é froito da súa ignorancia e incapacidad como alcalde porque se trata dunha actuación que tiña que asumir o Concello e que lle estamos solucionando sen que el movera un só papel e aínda ten máis que decir cando lle debería de caer a cara de vergoña”.

actuacións

O proxecto da CHMS se vai a desenvolver entre Canacal e Piñeira, mentras que o que o PP demandou foron actuacións de limpeza do río na contorna da área recreativa de Ribasaltas, pero non no punto que vai actuar a CHMS: Tamén se solicitou a limpeza dos arroios de Zapardiel e Malloadas, é dicir, actuacións que nada teñen que ver coas que se van facer noutros puntos do río e que o proxecto da Confederación non recolle, o mesmo que el Rioseco, cunha intervención nun punto anterior ao que reflicte o proxecto, preto do Camiño de Inverno.

Mapa dos arroios que o PP solicita limpar. Fonte: PP Monforte

solicitudes ao alcalde

Dende o partido popular de Monforte pídenlle ao rexedor, “máis traballo pola cidade e menos contra aqueles que teñen proxectos e se preocupan pola súa mellora”. o Alcalde “deberá ser honesto e agradecer que os outros lle fagan o traballo que lle corresponde a el, porque non só asume non as competencias que lle son propias, senón que critica a aqueles que conseguen melloras para a cidade, o cal resulta lamentable de desolador”.

A popular considera que o rexedor mentiu de forma intencionada, polo que lle pide que se diculpe “pola desinformación que ten trasladado”. Tamén considera que o alcalde, “quere quitarlle valor ao noso traballo e iso é indigno dun alcalde”.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...