Celestino Rodríguez, candidato do PSOE no Saviñao

O actual voceiro do PSOE no Saviñao repite como candidato á alcaldía ao ser elexido por aclamación na asemblea do PSOE para este fin. En marzo os socialistas celebrarán unha asemblea para definir a lista completa para as eleccións municipais.

Celestino Rodríguez / PSOE Saviñao

O PSOE do Saviñao elixe, por aclamación, a única candidatura presentada á asemblea para escoller candidato, a de Celestino Rodríguez Pombo. O que é actual voceiro dos socialistas no Saviñao agradeceu a confianza e o apoio dos seus compañeiros e destacou que presentarán un “proxecto social, de progreso e transformación, para que os veciños do Saviñao conten coas prestacións e servizos básicos para poder vivir decentemente no rural”.

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, trasladou ao candidato o respaldo do partido provincial e a confianza de que desenvolverá un bo traballo para mellorar a calidade de vida dos veciños do Saviñao.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here