A auga da traída de Taboada é apta para o consumo?

Os concellos están obrigados por lei a ter rexistrados os abastecementos de auga no SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo). Segundo o PSOE de Taboada este concello só inscribiu as captacións da capitalidade muncipal, polo que nas parroquias non se pode garantir a calidade da auga.

Grifos / franke.com

Desde o 2003 é de obrigado cumprimento que o SINAC controle a calidade da auga a través de analíticas periódicas que indican se os diferentes parámetros de calidade están nos niveis establecidos para inxerila. Segundos os socialistas de Taboada, os concellos da contorna teñen todos os abastecementos de auga rexistrados, pero o concello de Taboada non.

Nesta situación,  os socialistas esixen ao concello que garanta a calidade da auga que pagan os veciños porque na actualidade contan cunha prestación sen ningún tipo de garantías.

Solicitan ao alcalde que se rexistren non SINAC todas as captacións de auga para que sexan examinadas por profesionais e a veciñanza poida consumir auga con todas as garantías. Esperan poder rematar así cunha situación, que califican de irregular, na que o concello cobra a todos os veciños o mesmo importe nos recibos da auga cando o servizo non é o mesmo.

PSOE Taboada / PSOE

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here