Ciudadanos Monforte sensibilizados co Camiño de Invierno

Mercedes Marcos Fernández, Coordinadora do Grupo Local de Ciudadanos (Cs) en Monforte, mantivo un encontro con Aida Menéndez, Presidenta da "Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra", autora e promotora da "Guía do Camino de Invierno a Santiago".

Hotel Comercio / PP

Destacan desde Ciudadanos a necesidade de rehabilitar un edificio ao pé do Camiño en Monforte, como albergue municipal. O Centro de Interpretación do Camiño de Inverno que se está acondicionando na planta baixa do antigo Hotel Comercio foi unha das preocupacións que a Asociación lle trasladou á coordinadora do Grupo Local de Ciudadanos. A Asociación cre que non terán espazo suficiente para acoller todo o que se pretende.

A planta baixa deste edificio, que acollerá o Centro de Interpretación, conta con 120 metros cadrados, pero só a metate se pretende destinar ao Centro. Esta superficie non é suficiente ao entender de Ciudadanos e comparte as inquedanzas da Asociación. “Para ser un verdadeiro Centro que conteña paneis, audiovisuais, maquetas, biblioteca, sillas móviles, etc, e para amosar o seu contido a escolares e asociacións que veñan de visita, consideramos se quedará corto en capacidade obrigando a que teñan que esperar fora, á intemperie” explica Mercedes Marcos.

Tamén amosan a súa preocupación desde Ciudadanos porque a xestión non a poida levar a Asociación, unha asociación que leva 20 anos estudando e promocionando o Camiño de Inverno. Aida Menéndez tamén explicou o estado no que se atopa a entrada deste camiño á cidade do Cabe, no lugar Das Fontes, Río Seco, que en invierno está sempre cheo de agua, pola deficiente canalización, o que supón un perxuizo para os peregrinos. Desde a Asociación lembran que a limpeza do Camiño é responsabilidade da Xunta, pero só se fai unha vez ao ano. Visto que se fai insuficiente, cre Aida Menéndez que o Concello de Monforte debería implicarse para ter un percorrido libre de maleza no seu termo municipal.

O encontro con esta Asociación forma parte da rolda de reuniós que Ciudadanos mantén con Asociacións e entidades do concello co obxectivo de ver as carencias e prioridades destes colectivos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here