Para cando a residencia do Courel?

O Grupo Provincial do PP presenta unha moción pedindo que se liciten canto antes as obras e se lle traslade o acordo ao Concello.

Concello de Folgoso / XdL

Os populares recordan que o pasado mes de agosto o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, e a alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel, Lola Castro, asinaron un convenio para dotar dunha residencia da terceira idade e un centro de día ao Concello. As instalacións terían capacidade para 52 usuariose construiranse no espazo ocupado polo antigo colexio de Primaria de Folgoso, que previamente ten que ser demolido.

Desde o Grupo Provincial Popular denuncian o retraso nas obras, despois de que en agosto o presidente da Deputación anunciase que a licitación se faría en setembro e as obras darían comezo no último trimestre do ano. Aseguran os populares que desde aquela non houbo ningún avance e isto fai que se acumule moito retraso con respecto ao anunciado.

Aseguran que, pola súa banda, o Concello xa ten feitos todos os trámites que lle corresponden, poñéndose a elo desde que se asinou o convenio e conscientes da necesidade que o concello ten deste servizo.

Sinatura convenio agosto / PP

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here