InicioPolíticaSegue o frío no centro de saúde do Saviñao

Segue o frío no centro de saúde do Saviñao

O BNG insta á Xunta a dotar ao concello do Saviñao dos medios necesarios para garantir unha temperatura axeitada no centro de saúde.

Publicado o

- Advertisement -

Os nacionalistas xa alertaran desta situación a finais de novembro e agora lamentan que non se teña feito nada. Desde o concello recoñecen as queixas veciñais, pero aseguran que non son quen de facer que funcione a instalación de calefacción. Para o BNG a situación é “inadmisibel” tendo en conta os prexuizos que causa á veciñanza.

Solicitan tamén desde o BNG que a Xunta asuma a xestión íntegra deste centro de saúde e que se axilice o procedemento de construción do novo centro de saúde comprometido.

A manada é o sistema

No concello veciño, en Chantada, Galiza Nova organiza para este sábado 22 de decembro a palestra informativa “A manada é o sistema”. A cita será ás 19.30 no Círculo Cultural de Chantada (O Casino).

O BNG lanzou esta campaña con motivo do 25N. O obxectivo é denunciar que a violencia exercida contra as mulleres non é un caso illado nunhas festas ou polo modo de vestir, senón que se dá nun sistema que certifica, tolera e consinte que as mulleres sexan agredidas polo feito de ser mulleres.

As violencias de xénero nas institucións, na política e no sistema xudicial; as violencias simbólicas, as insensibilizadas; as trasmitidas polos medios de comunicación, polo cinema e na literatura e o mito do amor romántico serán os temas centrais desta palestra.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...