InicioPolítica15,1 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar

15,1 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar

A Consellería de Política Social destinou este montante económico para reforzar e mellorar o servizo que dá cobertura a unhas 4.000 persoas en situación de dependencia na provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo balance da xestión na cobertura social a dependentes na provincia e salientou que houbo un incremento de recursos económicos importante, concretamente 138 millóns de euros máis que hai 10 anos para o conxunto de Galicia.

“Somos conscientes -afirmou o delegado- de que a evolución demográfica e o aumento da esperanza de vida obrigan ás administracións a multiplicar os recursos dirixidos á atención e coidado dos nosos maiores, e o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) é un dos recursos mellor valorados polas persoas con dependencia, o máis demandado pola poboación maior que necesita algún tipo de axuda así como polas súas familias coidadoras”.

Segundo Balseiro, o apoio da Xunta permite que a totalidade dos concellos lucenses contraten aos profesionais que se encargan da atención de carácter persoal e doméstica das persoas maiores dependentes. Deste xeito é posible mellorar a autonomía persoal e calidade de vida dos maiores para que podan permanecer no seu domicilio se así o desexan.

O delegado territorial da Xunta en Lugo engadiu que a Consellería de Política Social financia tamén outros servizos como o de teleasistencia, residencias e centros de día e o Bono Autonomía en Residencia. Este último servizo consiste nunha axuda directa a aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de dependencia e estean á espera de acceder a unha praza nunha residencia pública.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...