Frear a ultradereita, tema de debate en Chantada

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova en Lugo Sul organiza unha charla coloquio o día 4 de xaneiro. Falarán Alberte Fernández de Galiza Nova e André Labandeira, candidato do BNG á alcaldía de Chantada.

André Sánchez Labandeira con Manuel Moure e Cecilia Diéguez. Fonte: BNG

Círculo Cultural de Chantada (O Casino) será o escenario dun debate sobre a ultradereita, de como está medrando e como se pode frear, o vindeiro venres 4 de xaneiro ás 19:30 h.

Na mesa de debate estarán Alberte Fernández, secretario xeral de Galiza Nova e integrante dos 19 de Meirás, e André Labandeira, profesor de historia no IES Lama das Quendas e candidato do BNG á alcaldía. A charla-coloquio, que leva por título “FREEMOS A ULTRADEREITA”, está organizada pola asemblea comarcal de Galiza Nova en Lugo Sul.

No parladoiro analizaranse as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos tanto a nivel europeo, coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, como a nivel doméstico despois de coñecer os resultados electorais de Andalucía. Sen esquecer tampouco a recente agresión fascista producida nas rúas do noso país a un compañeiro da organización nacionalista.

Por estes, e outros motivos, os organizadores entenden que cómpre debater  sobre as medidas que se poden levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here