InicioPolíticaMellora o servizo de autocar entre Quiroga, San Clodio e Monforte

Mellora o servizo de autocar entre Quiroga, San Clodio e Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta vén de autorizar unha nova expedición de transporte público por autocar entre as localidades de Quiroga, San Clodio e Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Unha nova liña que estará operativa todos os días laborais (de luns a venres) con servizos de ida e volta mellorará as comunicación entre as localidades de Quiroga, San Clodio e Monforte a partir do martes 8 de xaneiro. A saída terá lugar desde Quiroga ás 7:40 horas e a chegada a Monforte ás 8:20 horas. O regreso, con saída desde Monforte, está previsto ás 14:30 horas e a chegada a Quiroga sobre as 15:10 horas.

O itinerario desta nova expedición terá sete paradas: Quiroga, San Clodio, o IES Francisco Daviña Rei, a estación de autobuses de Monforte, o IES Río Cabe, a Estación de Tren de Monforte e o Hospital Comarcal.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta medida de mellora da frecuencia de transporte por autocar responde ás demandas formuladas desde o Concello de Quiroga e por un grupo de estudantes que cursan ciclos formativos na cidade do Cabe. Con este novo servizo beneficiaranse os propios estudantes pero tamén todas aquelas veciñas e veciños que precisen achegarse ata Monforte para xestións particulares e/ou administrativas ou por razóns de saúde ao hospital comarcal.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforza o servizo de transporte público por estrada dentro do seu compromiso de promover as modificacións puntuais precisas para unha mellor conexión dos diferentes concellos e, en particular, das poboacións da zona rural.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...