Javier González, voceiro do PSOE na Pobra do Brollón, reelixido candidato socialista á alcaldía

A Agrupación socialista celebrou este venres unha asemblea extraordinaria na que os militantes elixiron por aclamación a candidatura de Javier González, o actual Secretario Xeral e Voceiro do PSOE.

Javier González / PSOE

Javier González, axente forestal, natural do concello, destacou que “dende este momento imos traballar para buscar as persoas idóneas para cada posto co obxectivo de confeccionar unha lista o máis plural posible e que recolla as diferentes sensibilidades de toda a vila”.

Para os socialistas o último mandato do equipo de goberno foi tempo perdido e aseguran non estar dispostos a perder máis tempo, “dende o PSOE da Pobra do Brollón temos as forzas renovadas para facer fronte ao inmobilismo do goberno do BNG, que durante esta lexislatura non presentou ningún proxecto que mellorara a calidade de vida dos nosos cidadáns.”

Asegura o candidato que o seu obxectivo será fomentar e impulsar a xeración de emprego, aproveitando as oportunidades que ofrece o territorio, ao trátarse do municipio da Comarca de Lemos con máis masa forestal. Javier González puxo en valor “o esforzo dos meus compañeiros no Goberno da Deputación para poñer en marcha a residencia para maiores, unha prestación moi necesaria no municipio e que sempre foi unha das nosas prioridades. Ademais, dende o Executivo Provincial melloramos camiños e accesos, acondicionamos estradas provinciais e potenciamos a cultura, o deporte e o turismo”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here