Moción para que o alcalde de Monforte devolva o cargo ao concello por participar nunha cea solidaria

Os Concelleiros non adscritos en Monforte, María del Pilar López Martínez, Alicia Cadarso Palau, María Xosé Vega Buján e Víctor López Mateo, presentan moción e pregunta ao pleno do luns.

José Tomé con Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona. Fonte: Concello de Monforte

A moción refírese á aprobación dun gasto por participación nunha cea solidaria. O pasado 3 de decembro a Xunta de Goberno Local de Monforte aprobaba a expedición de pago a xustificar por importe de 20€ para a participación na III cea solidaria a beneficio de Cáritas organizada pola Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra a nome de José Tomé Roca. Para os concelleiros non adscritos, este tipo de actitudes son pouco habituais en política e cren que o alcalde debería devolver eses cartos ás arcas municipais, a pesar do seu razonamento de non ter pensado ir a dita cea.

Polo tanto, piden que se devolva ás arcas municipais o importe de 20 euros, da participación na III Cea Solidaria a beneficio de Cáritas  e que non se volva repetir este feito na corporación municipal “que di moi pouco de quen así actúa”.

Por outra banda, presentan unha pregunta sobre a situación da gardería de Caixa Galicia. Explican estes concelleiros que nos últimos días, escoitaron do posible peche desta gardería situada na rúa Eduardo Pondal. Un centro educativo con 36 alumnos matriculados neste curso, atendidos por 6 traballadores. Dinlle ao alcalde que non debe ser alleo á perda constante de servizos que se está dando en Monforte e pegúntanlle que ten pensado facer ao respecto e como vai xestionar as prazas destes 36 usuarios.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here